Benvidos ao blog de educación infantil do colexio María Inmaculada Carmelitas.

A través deste blog os educadores do Colexio "Carmelitas" queremos manter informados aos pais do noso centro.

Aquí informarémosvos sobre as diversas actividades que os vosos fillos / as realicen dentro dos traballos de aula, biblioteca, visitas e excursións ...

jueves, 2 de febrero de 2017

O Entroido

Festa popular onde as haxa, orixinal, colorista, divertida é o entroido unha festa na que se come, bebe e baila, é unha época de excesos que se celebra en todos os países de tradición católica pero, en cada lugar hai diferenzas. Galicia é pois un mundo aparte onde en cada rincón se celebra a troula dunha maneira diferente. Desde Verín pasando por Laza ou Xinzo de Limia, onde os seus protagonistas: piliqueiros, cigarróns, pantallas, boteiros e demais fan do noso pobo galego unha demostración máis da maneira que temos de rendir culto á festa, metidos xa en plena Coresma. E como dixemos antes, diso se trata, de comer, de degustar, de disfrutar da nosa cociña e velaí vai unha pequena mostra da nosa gastronomía, centrada máis nas típicas sobremesas que fan as delicias de maiores e pequenos.


Xa queda pouco para a nosa festa especial. Poñámonos a cociñar!