Benvidos ao blog de educación infantil do colexio Mª Inmaculada Carmelitas.

Aquí informarémosvos sobre as diversas actividades que os vosos fillos/as realicen dentro dos traballos de aula, biblioteca, visitas e excursións ...

miércoles, 15 de febrero de 2017

Entrega de Premio do Equipo de Dinamización da Lingua

O día 18 de xaneiro de 2017 reuniuse o EDL para deliberar e elixir á mascota que vai representar ao equipo de dinamización da lingua durante este curso escolar 2016-2017, logo da resolución á convocatoria do concurso Buscamos mascota para o equipo de dinamización do cole, convocado no mes de outubro-novembro.
De entre todos os debuxos presentados, elixiuse, por unanimidade, o do alumno de 5 de Educación infantil B Saúl Gutiérrez Rivera, quen deu vida á Lura Patuxa.
Desde o EDL queremos dárlle as grazas a todos os participantes e os nosos máis sinceros parabéns ao noso afortunado gañador.