Benvidos ao blog de educación infantil do colexio María Inmaculada Carmelitas.

A través deste blog os educadores do Colexio "Carmelitas" queremos manter informados aos pais do noso centro.

Aquí informarémosvos sobre as diversas actividades que os vosos fillos / as realicen dentro dos traballos de aula, biblioteca, visitas e excursións ...

lunes, 28 de noviembre de 2016

Celebración da nena María: 21 de novembro

Atopámonos con María nena




Os nenos de 3 anos coñecemos Jackson Pollock







Paul Jackson Pollock (CodyWyoming28 de xaneiro de 1912-SpringsNueva York11 de agosto de 1956), mais coñecido como Jackson Pollock, foi un influinte pintor estadounidense e unha importante figura no movemento do expresionismo abstracto. Era recoñecido polo seu estilo único de salpicar pintura.






lunes, 21 de noviembre de 2016

Magosto

O martes 15 de novembro desfrutamos dun día estupendo de Magosto tódolos nenos e nenas de Educación Infantil.





Se queredes ver todas as fotos pinchade aquí

martes, 15 de noviembre de 2016

O Outono en 3 anos

Así é o outono en 4º E.I.:



domingo, 13 de noviembre de 2016

Así son eu

Durante a Primeira Unidade, os nenos de 4 anos, coñecimos e aprendimos moitas cousas acerca do noso corpo. Aquí podedes ver unha mostra do que fixemos.



miércoles, 9 de noviembre de 2016

domingo, 6 de noviembre de 2016

Os nenos de 4º E.I traballamos o samaín



Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.

Aquí tedes unha pequena mostra do que fixemos estes días



Velaiquí algúns dos contos e cancións que traballamos:
               Que medo!!!!


viernes, 4 de noviembre de 2016

Os nenos de 4º E.I VISITAMOS A FARMACIA

Observamos que cousas hai que valen para coidar o noso corpo

                            Medímosnos

 Falamos con Rosa, a farmacéutica







GRACIAS ROSA!!!

miércoles, 2 de noviembre de 2016

Coñecemos o noso corpo





         
Os nenos de 5 anos, aproveitando que estivemos a estudar o corpo, coñecimos, observamos e analizamos o "Señor musculitos" do laboratorio dos maiores.

Canto aprendemos!