Buscamos mascota para o Equipo de dinamización da lingua no cole!
O EDL convoca un
concurso para a creación da mascota do equipo de dinamización da lingua do noso
cole.
Bases:
Participantes:
Poderá participar
todo o alumnado de Educación infantil e Educación primaria do noso centro.
Só se pode
presentar un único traballo por persoa. Cada debuxo deberá ir identificado pola
parte de atrás do mesmo debuxo cos datos e o curso do alumno.
Formato:
Os debuxos terán
un tamaño A4 e aparecerá o nome do noso colexio enriba da páxina. Os traballos
orixinais conservaranse ata a resolución do concurso ( mes de novembro) e
poderá ser requiridos para a celebración dunha exposición conxunta nos
corredores do pavillón de Educación infantil e de Educación primaria.
Prazo
e lugar de presentación:
O prazo de
presentación comezará a partir do luns 3
de OUTUBRO e finalizará o luns 7 de NOVEMBRO de 2016.
Cada profesora
integrante do PL será a encargada de recoller os debuxos; así pois serán
entregados a: Sonia, Ana Salado, Mónica ou Tania.
Xurado:
Estará composto
polas integrantes de EDL.
A decisión do xurado
é inapelable. Valorarase a orixinalidade e a adecuación do nivel do traballo á
idade do autor.
Premio:
De entre todos os
debuxos presentados serán seleccionados tres finalistas:
· Un para Ed infantil e 1º ciclo de primaria
· Outro para 3º e 4º de Educación primaria e
· Outro para 5º e 6º de Educación primaria.
· Un para Ed infantil e 1º ciclo de primaria
· Outro para 3º e 4º de Educación primaria e
· Outro para 5º e 6º de Educación primaria.
O gañador sairá
dos tres finalistas.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR
E MOITA SORTE!!